Site icon Crónica3.com A Mariña

IV Feira Stocks Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro, do 23 ao 25 de agosto

carpa-stocksDo 23 ao 25 de agosto nas carpas situadas nos Xardíns Noriega Varela levará a cabo a IV Feira de Stocks organizada pola Asociación de comerciantes do Centro Histórico en colaboración co Concello de Viveiro, que un ano máis pon a disposición da Asociación todos os medios humanos e materiais posibles para que a Feira póidase levar a cabo.

Serán un total de 11 casetas dedicadas á venda de moda de nenos, agasallos e complementos, zapaterías, deportes, mobles, decoración e artigos do fogar. Unha ampla variedade de sectores e artigos que serán postos á venda a uns prezos moi reducidos, onde os clientes poderán adquirir verdadeiras gangas. O obxectivo principal é dar aos comerciantes a oportunidade de liquidar todo o seu stock e aos clientes unha oportunidade estupenda de adquirir artigos de primeira calidade a uns prezos inmellorables.

O horario da Feira será de 11.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 22.00 horas. O primeiro día, martes 23, terá lugar a inauguración ás 12.00 horas, á que asistirá a Concelleira de Comercio, Marisol Rey, como representante do Concello de Viveiro e os representantes da Asociación de Comerciantes.

Exit mobile version