Site icon Crónica3.com A Mariña

Lectura pública de versos de Manuel María coa AC Francisco Lanza

O próximo venres 26 de agosto, ás 20.00 horas, nas escaleiras de San Francisco, en Ribadeo, a Agrupación Cultural Francisco Lanza organiza unha lectura pública de poemas de Manuel María na que animan a participar a todas aquelas persoas que o desexen, ben cun verso da súa preferencia, ben cun que a propia Agrupación lle pode facilitar. Esta actividade é continuación de Palabras no balcón, na que este ano se homenaxeou ao noso poeta nacional colocando versos seus en varandas de casas do centro de Ribadeo. Moitos dos poemas aos que pertencían eses versos serán recitados o próximo venres.

Exit mobile version