Site icon Crónica3.com A Mariña

Litografías con paisaxes da zona de Marta López Acevedo, na Oficina de Turismo de Ribadeo ata o 21 deste mes

expo-litosRibadeo, 12 de agosto de 2016. A mostra que presenta a obra gráfica de Marta López Acevedo era inaugurada este xoves na Oficina de Turismo. A exposición titulada Lembranzas poderá visitarse ata o día 21 deste mes.

No acto interviñeron o concelleiro de Cultura, Farruco Graña, o membro numerario da Real Academia Galega Francisco Díaz-Fierros Viqueira e a propia autora. Tamén participou Irene Herrera con acompañamento ao violín.

A exposición Lembranzas está composta por imaxes de paisaxes da zona tanto urbanas como da ría e do campo, e mostran recordos da autora sobre Ribadeo, Castropol, As Figueiras, Tapia, Boal ou a ría de Ribadeo, entre outros.

O edil de Cultura dixo que “Marta López Acevedo ten fondas raíces no veciño pobo de Figueiras onde viaxa anualmente cada verán, e leva á práctica unha das súas afeccións preferidas: a litografía. Esta profesora de edafoloxía provoca coa súa obra pequenos flashes na nosa memoria colectiva mediante a creación de litografías sobre plancha off-set con posterior estampación mediante tórculo.

Visitando esta exposición poderemos ver como se realiza esta técnica cun pequeno libro demostración no que se detallan os pasos a seguir para lograr o resultado final”.

A exposición Lembranzas poderá visitarse ata o vindeiro día 21 deste mes na Oficina de Turismo de Ribadeo.

Exit mobile version