Site icon Crónica3.com A Mariña

Luis Villares será o candidato á Presidencia da Xunta con máis do 86 por cento dos apoios das bases de En Marea

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2016.- A Coordinadora de En Marea presentou esta tarde os datos provisionais da lista de candidatas e candidatos para as vindeiras eleccións ao Parlamento de Galicia. O único candidato de En Marea á presidencia da Xunta de Galicia, Luis Villares, foi refrendado nas primarias realizadas o día 17 e 18 de agosto polo 86,80 por cento dos participantes. En total houbo un total de 10.143 votos emitidos dun censo de 13.415 persoas inscritas. A participación nas primarias de En Marea foi do 75,60 por cento.

Por provincias encabezará a lista da Coruña, Antón Sánchez, en Ourense, María de los Ángeles Cuña, en Lugo, Luis Villares, e por Pontevedra, Carmen Santos. As persoas que conforman as listas da candidatura de En Marea por provincias para as vindeiras eleccións do Parlamento de Galicia serán as seguintes:

A CORUÑA
Antón Sánchez García
Luca Chao Pérez
José Manuel Lago Peñas
Magdalena Barahona Martín
Francisco Pancho Casal Vidal
Flora María Miranda Pena
Xan Xove González
Mariló Candedo Gunturiz
Carlos Palacios Suárez
Lorena Dapena
Daniel Alejandro Calvete Suárez
Iria Otero Romero
Gonzalo Rodríguez Rodríguez
María Antonia Trillo Blanco

PONTEVEDRA
Carmen Santos Queiruga
Marcos Cal Ogando
Eva Solla Fernández
Juan J. Merlo Lorenzo
Paula Quinteiro Araújo
Xoan Hermida González
Julia Torregrosa
Mariano Abalo Costa
Noemí Martínez González
Juan Manuel Fajardo Recouso
Mar Blanco Casais
Marcelo Armendáriz Gil

LUGO
Luis Villares Naveira
Paula Vázquez Verao
Víctor Andrés Álvarez Arias
María Isabel García Díaz
José Manuel “Josito” Pérez Afonso
María Victoria Esteban Riesco
Bernardo Fraga Galdo
Natalia Prieto Fernández

OURENSE
María de los Ángeles Cuña Bóveda
David Rodríguez Estévez
María Eva Gutiérrez Fernández
Xosé Manuel Pérez Bouza
Manuela Pérez Pérez
Ares Jiménez Soria
Rita González Pérez
Carlos MIguélez Soto

As votacións tiveron lugar entre as 8.00 horas do mércores 17 de agosto e as 23.59 horas do xoves 18 de agosto, combinando a posibilidade de votar a distancia desde a casa coa de acudir a unha das 33 mesas presenciais repartidas polo país (13 na Coruña, 6 en Lugo, 6 en Ourense e 8 en Pontevedra).

En total foron 25 as candidaturas que se presentaron ás primarias de En Marea, que determinaron as listas provinciais para as vindeiras eleccións ao Parlamento galego, o 25 de setembro. Destas 25 candidaturas 6 listas presentáronse pola provincia da Coruña (con 77 persoas en total), 5 en Lugo (34 persoas) outras 5 en Ourense (40 persoas) e 9 en Pontevedra (88 persoas).

Exit mobile version