Site icon Crónica3.com A Mariña

Marcos Rodríguez sube ao podio na solidaria de Figueras

Fin de semana “movida” para o Club Atletismo Lourenzá coa participación de varios atletas na II Carreira-Andaina Nocturna San Ramón e na solidaria da Asociación Sandra Ibarra en Figueras (Asturias).

O sábado pola noite participaban na II edición da carreira de Vilalba que dá inicio ás festas de “San Ramón” da localidade Marcos, Álex, Rubén Garcia, Pachi, Manolo, Marisa e Loli para percorrer 5km dunha proba cun elevado número de participantes e na que, a pesar de só outorgar premios aos tres primeiros clasificados da carreira absoluta, os membros do club obtiveron postos moi interesantes.

O domingo á mañá, con poucas horas de diferenza entre a finalización da carreira do día anterior, varios deles repetiron xornada para participar un ano máis na carreira organizada na localidade asturiana de Figueras pola “Asociación Sandra Ibarra” de loita contra o cancro e que conta coa presenza da modelo, Sandra Ibarra, e o xornalista Juan Ramón Lucas co fin de recadar fondos para a unidade de oncoloxía do hospital de Jarrio.

Ampla participación tamén nesta carreira do noso club: Marcos, Graña, Manolo, Loli, Gavin e Marisa percorreron o 7 km desta proba xunto a máis de 450 atletas na que, por primeira vez, o club laurentino sube ao podio grazas a MARCOS RODRIGUEZ que, cun rexistro de 24 minutos e 26 segundos, lograba coarse décimo da xeral e terceiro veterano A e compartindo podio con outros dous coñecidos da zona: DELIO VAL e SIRO MASEDA.

Exit mobile version