Site icon Crónica3.com A Mariña

Medio Rural coordina cos concellos da provincia de Lugo as actuacións a levar a cabo nas concentracións parcelarias abertas

reunion-concentracparcelA conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuníase este xoves cos alcaldes daqueles concellos da provincia de Lugo que teñen aínda abertos algún proceso de concentración parcelaria -ou contan de iniciar uno novo- para definir e planificar as actuacións que se van a levar a cabo en cada un deles.

Acompañada polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, a conselleira sinalaba que estas xuntanzas englóbanse dentro do Plan de Reestruturación 2016, o cal está dotado para este ano con 22 millóns de euros co obxectivo de avanzar e encarar as zonas abertas á súa fase final.

En concreto, Ángeles Vázquez avanzaba que este ano vanse a levar a cabo 26 actuacións en 15 zonas da provincia de Lugo, que afectan a un total de 10.551 hectáreas. O obxectivo é tratar de acabar estes procesos nos vindeiros catro anos porque a reorganización de terras é fundamental para ser máis competitivos no mercado xeral.

A conselleira sinalaba que se reuniu con 16 alcaldes da provincia onde se está traballando para aclararlles a situación actual, en concreto, aqueles procesos de adxudicación de obras e os que están en fase de informes. Ademais, tamén se analizaron aqueles procesos que van comezar debido ao interese agrario que hai na zona.

Ángeles Vázquez engadía que, no caso da provincia de Lugo, vanse investir 1,6 millóns de euros e que grazas a esta reorganización do territorio mellóranse as condicións estruturais, técnicas e económicas das explotacións agrarias en Galicia, baixo a perspectiva da súa utilidade económica e social; ademais de mellorar as vías de comunicación e os accesos ás granxas.

Procesos rematados en 2016
No que levamos de ano, entregáronse os títulos de sete procesos de concentración parcelaria. Destes, dous deles pertencen á provincia de Lugo, en concreto os da zona de Bogo, no concello da Pontenova; e da zona de Balmonte-Goberno, no concello de Castro de Rei.

Exit mobile version