Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG denuncia que “o Concello de Burela perde unhs subvención de 22.500 euros para un curso de formación pola pésima xestión do goberno municipal”

Burela, 11 de Agosto de 2016. Para o BNG en Burela, as explicacións dadas polo señor Alfredo Llano ao respecto do curso de Xestión de Recursos Humanos foron do mais simples e non convencen a ninguén. O rexedor escudouse simplemente na falla de alumnos sen explicar as causas deste feito, que xa foran cuestionadas polo voceiro nacionalista, despois de que o Concello perdese unha subvención de case 22.500€. “Dicir que non se levou a cabo o curso por falta de alumnos é unha escusa moi pobre e demostra a ausencia total e absoluta de previsión e unha pésima xestión dos recursos públicos por parte do Goberno Municipal do PSOE”, sinalou Mario Pillado.

Como xa adiantaran desde a formación nacionalista, a escaseza de alumnos débese á prolongación do proceso no tempo, xa que ata o 26 de xullo non se convocou o tribunal para a selección dos monitores que impartirían o curso, o que fixo que moitos dos alumnos atoparan traballo senón outros cursos ou escusaran realizar un curso que lles obrigaría a recibir oito horas lectivas diarias. “O que debe explicar o alcalde é por qué se demorou tanto o proceso e se foi perdendo alumnado polo camiño, xa que a 16 de Xuño existían 12 alumnos seleccionados que non rexeitaran o mesmo” declarou Pillado, voceiro do BNG.

Aos nacionalistas non lles serven as explicacións dadas polo alcalde de Burela e pídenlle que asuma a súa responsabilidade e aclare este asunto.

Outra actitude que lle afean os nacionalistas a Llano é que que tente botar balóns fóra responsabilizando á Xunta de Galicia para xustificar este despropósito na súa xestión xa que a captación de alumnos e a selección de persoal para o curso é competencia municipal. O 25 de Maio a Xunta informou da concesión da subvención para o curso e o 2 de Xuño dende o centro de formación informaron das necesidades de selección de alumnado e persoal para o mesmo.

Ademais, dende o BNG non saben porque ante a falla de alumnos non se solicitaron mais candidatos na oficina de emprego, algo que demostra de novo a desidia do equipo de goberno. “Se prevían que se quedarían curtos de alumnado puideron facer unha nova solicitude á oficina de emprego, como fixeron noutros procesos. Semella que dende o concello de Burela, ou non tiña interese neste curso, ou non controlan a labor do persoal encargado deste tipo de trámites e procesos” finalizou Pillado.

Exit mobile version