Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG reclama o pagamento semestral do IBI en Burela

Burela, 24 de agosto. O Concello de Burela vai aplicar o cobro do Imposto de Bens Inmobles (IBI) nun único pagamento, xa neste ano, eliminando o pagamento fraccionado en dous recibos semestrais.

Para o BNG local, esta medida non se xustifica de ningún xeito e recriminan ao alcalde que non se informase desta mudanza na recadación do IBI, máis coñecido como contribución. O portavoz do BNG no Concello, Mario Pillado anuncio que van rexistrar unha petición a través do grupo municipal do BNG para que se recupere o pagamento fraccionado en dous semestres.

Pillado concluíu que isto é unha mostra máis da deixadez e pasotismo ao que nos ten acostumados o Sr. Alcalde e que padecemos os veciños e veciñas de Burela.

O BNG tamén cuestiona a falta de información con respecto ao paso de “La Vuelta” por Burela
Nos últimos días foron moitos os concellos mariñaos polos que discorre a volta ciclista, os que informaron dos cortes de tráfico nos seus respectivos municipios. Non é así no caso de Burela, “onde houbo unha desinformación absoluta por parte do Concello, que o día anterior ao paso da volta non contemplaba restriccións de tráfico importantes e a menos de 24 horas informaba de cortes en Arcadio Pardiñas desde as 12:00 horas”, indicou o portavoz nacionalista.

A formación nacionalista critica a ausencia total de previsión por parte do Concello para un evento desta magnitude, aínda que desde as filas nacionalistas recoñecen que non lles causa ningunha sorpresa, porque a improvisación é algo habitual ao que xa nos ten acostumados o Sr. Llano.

Exit mobile version