Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG volveu reclamar mellores infraestruturas de comunicación ao paso da Volta Ciclista pola Mariña

volta-estradaA Mariña, 24 de agosto de 2016. A formación nacionalista aproveitou o paso da “Vuelta Ciclista” para volver chamar a atención sobre os sucesivos incumprimentos de prazos marcados polo Partido Popular na execución das vías de comunicación entre Ribadeo e Ferrol –unha parte de competencia estatal e outra autonómica – cuxas obras deberan estar rematadas en 2007 e case dez anos despois ningún tramo está aberto. A maiores afirman que a comunicación do cantábrico galego entre si, e co interior por ferrocarril, ou non está na axenda política ou no que hai, ademais de ser altamente deficitaria leva camiño de desaparecer.

Activistas do BNG colocaron pancartas ao paso da “Vuelta ciclista” despois do paso polo casco urbano de Burela no acceso pola Areoura á estrada de competencia estatal N642 reclamando “darlle unha volta ás estradas da comarca” para visualizar o atraso de case dez anos nas infraestruturas por estrada previstas, o firme das vellas en mal estado, e o desprezo pola comunicación por ferrocarril en toda a franxa do cantábrico galego.

De pouco valen os rebacheos de última hora na N642 para un momento puntual, si cando chegue o inverno volveran aparecer as fochancas e seguirán as limitacións de velocidade nas travesías entre Ribadeo e Viveiro supoñendo unha hora para un traxecto de 66 kms, o mesmo que tardarán os ciclistas en facelo hoxe, afirmou a responsábel comarcal Ana Ermida Igrexas.

Ana Ermida criticou o a lentitude e abandono das novas e vellas infraestruturas por estrada na comarca, “os portavoces do PP venderán como positiva a apertura do tramo San Cibrao – Celeiro da VAP a Ferrol que nacerá como unha vía morta sen continuidade cara oriente e occidente e obviarán a paralización da variante de Viveiro paralizada en 2009”, calarán sobre a anulación cos seus votos e os do PSOE de calquera posibilidade de mellora no plano ferroviario europeo no norte galego aprobada fai anos, e virán vender un acceso ao peirao de Burela durante anos paralizado”.

A Mariña debe sacar tarxeta vermella o 25 de setembro a eses representantes políticos que desprezan o potencial económico dunha comarca como a nosa, que a pesar das carencias en infraestruturas loita por manter o estatus de representar case o 35% do PIB provincial, con sectores produtivos que resisten o abandono e o acoso político impulsado pola institución europea e o estado español co visto e prace do desgoberno do PP na Xunta de Galiza.

Exit mobile version