Site icon Crónica3.com A Mariña

O CCA Foz entrega máis premios do I Concurso Fotográfico ‘Mi Verano en Foz’16’

Foz, 23 de agosto de 2016. Polas instalacións de ACIA/CCA de Foz seguen pasando os premiados no I Concurso Fotográfico Mi Verano en Foz’16 a recoller os seus agasallos. A secretaria da asociación, Olaya Pedrosa, foi a encargada de entregar 50 euros en vales de compra a Juan A. Vermellas, autor da foto Amenceres, que foi a máis votada na segunda semana do concurso; Daniel Méndez, recibiu 100 euros en vales de compra como gañador do sorteo aleatorio celebrado o pasado xoves, 18 de agosto; e Ana Pereira, gañadora do sorteo aleatorio da primeira semana do concurso, que tivo lugar o 11 de agosto, levou outros 100 euros en vales de compra.

As persoas interesadas en participar no I Concurso Fotográfico Mi verano en Foz’16 poden obter toda a información que precisen na web www.aciafozcca.com e na páxina facebook.com/aciafozcca. O único que teñen que facer é enviar imaxes relativas “a como están a pasar o seu verán en Foz”.

Estamos na terceira semana do concurso, iso quere dicir que xa se poden votar as fotos presentadas ao longo dos últimos días. E o xoves, 25 de agosto, terá lugar o terceiro sorteo do Mi Verano en Foz’16.

Exit mobile version