Site icon Crónica3.com A Mariña

O Colectivo “Por Nuestro Faro” prepara un recurso de interés xeral contra a concesión de licencia do hotel no Faro da Illa Pancha

Ribadeo 4-8-16. O Colectivo “Por Nuestro Faro” esta a preparar un recurso de interés xeral contra a concesión de licencia municipal para a construcción dun hotel de duas suites no antigo Faro da Illa Pancha pola da Xunta de Goberno celebrada o día 12 de xullo.

A documentación foi remitida aos polos servizos xurídicos da Sociedad Española de Ornitología-Bird Life estando en estudo na actualidade. As bases do recurso, pendente do estudo devandito son a falla de exposición pública en Ribadeo, a tramitación do expediente sen dar opción a participar a outras empresas, a falla de informe específico da Rede Natura 2000, a falla de informe de viabilidade económica-financiera, a substitución do proxecto inicial que serviu de base para a concesión por dous proxectos desdoblados (Hotel e cafetería), o incumplimento de varias datas etc.

De tódolos xeitos debe suliñarse que o problema de fondo ven de mais atrás que da data de concesión da licencia. Está perfectamente documentado nas hemerotecas que o alcalde de Ribadeo xa tiña decidido apoair este proxecto varios meses antes de que o aprobase o Consello de Ministros ou se concedese a concesión e case un ano antes de que entrase non concello ningún dos informes sectoriais que se usan para xustificar a aprobación da licencia.

Asi pois, o diario El Pais do 24 de Abril de 2015 publicaba unas declaración do alcalde nas que afirmaba que o proxecto era “un premio para Ribadeo” sen ter en conta os impactos medioambientais, o deterioro da Illa Pancha nen a viabilidade económica.

Exit mobile version