Site icon Crónica3.com A Mariña

O concelleiro de deportes chama a presenciar a proba do Campionato Galego de Traiñeiras en Burela

Burela, 26 de agosto de 2016. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, anima a achegarse este sábado a Burela para presenciar a proba do Campionato Galego de Traiñeiras, que se celebrará no porto por motivos de seguridade.

Para Fernández Rey “trátase dunha cita atractiva para Burela e que vai na liña deste equipo de goberno de traer cousas novidosas para o noso pobo, esperamos que sexan moitos os veciños e visitantes que se acheguen ata o porto mañá a partir das cinco da tarde para gozar desta proba. Si conta co noso apoio é posible que poidamos acoller noutras ocasións citas similares, algo que sería moi importante para o deporte burelés e tamén para o nosa hostalaría e para o noso comercio”.

Exit mobile version