Durante a presentación inaugurarase unha exposición didáctica na que se amosa o proceso de fabricación da cerámica de Sargadelos, seguindo as explicacións de Xosé Blanco, artista alfocense deseñador da peza.
A peza fabricarase en exclusiva para o concello e será o principal elemento dunha colección de diferentes artigos que se elaborarán para a promoción de Alfoz, poñendose á venta nas instalacións no propio Castelo de Castrodouro.
Para mais información sobre este evento, así como, para mercar a peza, poden poñerse en contacto coa oficina de información turística do Castelo do Castrodouro nos teléfonos 982 558 578 e 666 372 403 e no correo electrónico turismo@concellodealfoz.com.