O alcalde, Alfonso Fuente, anunciou que “en Barreiros iniciáronse os traballos na parroquia de San Cosme para arranxar as beirarrúas e dotalas de mellores servizos. Imos cambiar a traída de auga, o saneamento, a plaqueta e reordenar o que son as beirarrúas que baixan á estrada da praia no centro de San Cosme”.
O rexedor lembrou que “estas beirarrúas no seu momento se levantaran por unha rotura de auga, quedaron reparadas en precario e agora se vai facer unha obra para acondicionar o que é o entorno urbano de San Cosme e ir mellorando aquí na zona centro”.
Fuente Parga explicou que “nun dos casos o que se fai é arranxar as existentes e noutro se fan beirarrúas novas en zonas que non existían”.
O alcalde barreirense subliñou que “estamos falando dun investimento duns 50.000 euros e as obras terían que ter rematado antes de finais de setembro”.