Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela dispón dun novo remolque para o transporte de zodiacs

IMG-20160829-WA0001Burela, 29 de agosto de 2016. O Concello dispón dun novo remolque para o transporte de zodiacs. Con esta última dotación o alcalde, Alfredo Llano, asegura que a localidade dispón de material de calidade para calquera rescate que sexa necesario realizar no mar ou en terra.

Alfredo Llano comentou que “a semana pasada fomos recoller un novo material para Protección Civil. Consiste nun remolque de 4´30 metros para trasladar e transportar unha zodiac, pero ao mesmo tempo tamén ven complementada cunha serie de material moi necesario para efectuar labores de rescate”.
O alcalde burelés asegurou que “hai unha serie de material moi útil que ven completar e complementar o que xa tíñamos. É un material moi diverso, moi bo para actuar directamente ou ben con rescates desde o aire ou no mar. Incluso ven dotado dun equipo completo de todo para levar rescates no mar en calquera condición ou tamén en terra, covas, acantilados, ou onde sucedan esas emerxencias. É un bo material que dona a Xunta e cofinanciado pola Unión Europea”.

O rexedor burelés engadiu que “este novo material asenta perfectamente o que víñamos tendo e o complementa. Parécenos moi importante poder empregalo nas praias se é necesario por algunha razón, vai ser moi útil telo preparado nas praias cando sexa conveniente para utilizado polos socorristas ou por salvamento”.

Alfredo Llano dixo: “Protección Civil de Burela está ben dotada con calidade e cantidade de elementos que nos poden servir cando sexan necesarios. Espero que non sexa necesario moitas veces e que non sexan graves, pero polo menos saber que contamos co mellor material que hai agora mesmo para efectuar labores de rescate”.

Este luns supervisaron este novo material o alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Protección Civil, Ramón Vázquez Andrade.

Exit mobile version