Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo comeza unha nova campaña de limpeza dos colectores verdes

Ribadeo, 22 de agosto de 2016. O Concello comezou hoxe unha nova campaña de lavado dos contedores verdes no casco urbano e nas parroquias, segundo ven de anunciar o edil de Limpeza Viaria e Xestión de Residuos, Jorge Díaz Freije.
O concelleiro nacionalista dixo que “agora neste mes agosto facemos outros 200 contedores nas zonas que máis o precisen, nas que se produzan máis cheiros ou que estean un pouco máis afectadas, é dicir sobre todo onde máis se usan eses colectores”.

Díaz Freije pide desculpas polas molestias que se poidan ocasionar estes días: “o lavado de contedores vaise facer a primeira hora da mañá e desde o Concello pedimos desculpas polas molestias que se poidan causar ás veciñas e aos veciños de Ribadeo”.

Limpergal é a empresa luguesa que se encarga do lavado dos colectores verdes en Ribadeo.

Exit mobile version