Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo recollerá plásticos agrícolas porta a porta durante a semana do 12 setembro

Ribadeo, 25 de agosto de 2016. O Concello realizará unha nova recollida de plásticos agrícolas porta a porta durante a semana do 12 de setembro, segundo anunciou hoxe o concelleiro de Limpeza Viaria e Xestión de Residuos, Jorge Díaz Freije.

O edil nacionalista explicou que “dende o Concello de Ribadeo imos proceder de novo á recollida dos plásticos agrícolas, é dicir dos procedentes do silo, tal e como facemos cada seis meses. É unha recollida porta a porta que fai un xestor autorizado pola Xunta de Galicia, que é SIMA, e vaise levar a cabo a partir do 12 de setembro”.

O responsable de Xestión de Residuos no Concello ribadense lembrou que “as solicitudes de todas as explotacións pódense facer ou ben nas dependencias municipais ou chamando ao teléfono 982 128 650 ata o mesmo 12 de setembro. Simplemente é para facer máis efectiva a recollida, pediríamos tamén no posible que concentraran todos eses plásticos nuns puntos en concreto para que fose máis doada esa labor e tamén para facilitar o traballo dos camións, para que lles sexa máis doado e sinxelo”.

Exit mobile version