Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro felicita a Cristian Toro polo ouro en Rio

O Concello de Viveiro ofrece os seus parabéns a Cristian Isaac Toro e a Saúl Craviotto polo ouro olímpico acadado en Río 2016 na modalidade piragüismo K2-200. “Estamos orgullos de que o deportista olímpico Cristian Isaac Toro se iniciara neste deporte cando residía en Viveiro, sendo desta localidade o primeiro clube de piragüismo do que formou parte así coma o seu primeiro adestrador”, explicaba o concelleiro de Deportes, Emilio Villarmea.

Exit mobile version