Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello do Valadouro fará entrega a Ramón Gasalla Ónega do título de Fillo Predilecto

x12c2f5O 3 de setembro o Concello do Valadouro fará entrega, a petición do edil nacionalista Eduardo Chao, do título de Fillo Predilecto a unha persoaxe ilustre do concello: Don Ramón Gasalla Ónega, coñecido como o “médico dos pobres”.

As actividades programadas para o 3 de setembro é a entrega institucional do título de Fillo Predilecto” ás 12:00horas no salón de plenos do concello de O Valadouro en acto público e ó que poderán asistir todos aqueles veciños e visitantes que así o desexen.

Acto seguido, no Ceip Santa María do Valadouro descubrirase unha praca polo apoio que tivo para conseguir levar adiante a construcción do centro educativo.

Para rematar cunha comida popular no pavillón polipodertivo a modo de homenaxe a Ramón Gasalla á que poden asistir todos e cada un dos veciños, amigos e coñecidos que así o desexen. Para poder acudir á comida-homenaxe hai uns tickets de vente a disposición dos interesados en todos os locais hostaleiros do concello, así como nas oficinas da casa da cultura e na casa da concello. Co fin facilitar a organización do evento, os tickets poderán adquirirse ata o 31 de agosto, pero agradeceriase que non se agardara ós útlimos días para adquirilos.

Exit mobile version