Site icon Crónica3.com A Mariña

O Deputado de Medio Rural lamenta a “falla de credibilidade e ambición” da concentración parcelaria anunciada pola Xunta

O Deputado de Medio Rural e do Mar, Lino Rodríguez Ónega, lamentou este venres “a falla de credibilidade e de ambición” do proxecto de concentración parcelaria, que anunciou a Consellería de Medio Rural para Lugo.

Rodríguez Ónega remarcou que “a reunión que tivo lugar este xoves foi un acto electoral, pois cada vez que se aproximan unhas eleccións, o Goberno de Feijóo comprométese con concentracións parcelarias que logo non se fan. Así o fixeron no 2011, antes dos comicios electorais, cando Raquel Arias mantivo unha reunión con veciños da parroquia de Suevos, en Pol, para asegurarlles que ía a executar o proxecto de concentración parcelaría, que a día de hoxe segue igual. Tamén se comprometeron coa concentración de Hermunde, outra parroquia de Pol, que conta co respaldo do 100% dos veciños. Nada sabemos deste proxecto”.

O Deputado lamentou a “falla de ambición” do proxecto, pois non contempla ningún tipo de actuación en relación ao ámbito forestal, “coa importancia e riqueza deste sector na provincia”. Neste senso, apuntou que, ademais, “os camiños que se contemplan para o acceso ás fincan non responden ás necesidades dos veciños, pois polos mesmos non é posible acceder con maquinaria agrícola, como un simple tractor”.

Actitude “desafiante” coas propostas
“Ante a falla de respostas ás necesidades dos veciños do proxecto de concentración parcelaria”, o Deputado, que participou na reunión do xoves, asegurou que “fixemos propostas á Conselleira, que non foron ben recibidas. Tivo unha actitude desafiante, asegurando que se o proxecto da Xunta non se axusta a determinados Concellos, que a solución sería retiralo para levalo a outro municipio”.

Exit mobile version