Site icon Crónica3.com A Mariña

O GMP de Burela, “satisfeito coas actuacións da Xunta nos centros de ensino da localidade”

pavillon-virxecarmeBurela, a 19 de agosto de 2016.- O Grupo Municipal Popular (GMP) mostrou este venres a súa “satisfacción polas obras que a Xunta de Galicia que preside Núñez Feijoo, a través da Consellería de Educación, está a facer e facerá nos centros de ensino de Burela nestes meses de verán, atendendo as demandas do sector educativo, e que foran transmitidas á propia Consellería polo anterior equipo de goberno municipal nos primeiros meses de 2015. Tendo en conta a magnitude do sector educativo na nosa comunidade autónoma, é de agradecer que a Xunta faiga estas actuacións con celeridade”.

Os populares indican que “nestes días, comenzaron as obras de renovación da cuberta do pavillón do CEIP ‘Virxe do Carme’, que teñen un presuposto de 60.000’00€. Con estas obras este pavillón quedará en mui boas condicións de uso logo de que o anterior goberno municipal acometerá as obras de remodelación dos vestiarios e pintado parcial interior”.

Desde o GMP manifestan que “logo de investir 120.000’00€ hai dous anos no cambio da cuberta do edificio número un, tamén se acometen obras de mantemento no CEIP ‘Vista Alegre’ por importe de 25.000’00€. E nos vindeiros días e semanas acometeranse as obras da renovación do teito do IES ‘Monte Castelo’, cun importe de 140.000’00€ e as da segunda e derradeira fase da ampliación do IES ‘Perdouro’, cun presuposto de 170.000’00€.”

Para os concelleiros populares, “é gratificante ver cómo o traballo de xestión que se fixo cando estivemos no goberno municipal dá os seus froitos, a pesares da pasividade do acual goberno socialista, que ainda non apareceu pola sede da consellería en Santiago”.

Exit mobile version