Site icon Crónica3.com A Mariña

O Goberno aproba a cesión a Fudace de terreos da Deputación para a 1ª unidade de patoloxía dual de Galicia

santos-fugaceO Executivo da Deputación aprobou este venres en Xunta de Goberno a cesión gratuíta á Fundación de Dano Cerebral (FUDACE) de terreos provincial de 80.000 metros cadrados, que teñen un valor catastral de 500.000 euros, durante un período de 50 anos. Neste espazo, Fudace construirá a primeira unidade de patoloxía dual que existen en Galicia, así como a segunda en España, pois só hai unha en Palencia.

O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, explicou que este acordo “enmárcase na nosa política de dar uso público e social ao patrimonio provincial, que é de todo os cidadáns. Así o fixemos tamén coa cesión gratuíta do San José a ASPNAIS ou coa da gardería do Campus a Raiolas, onde estes colectivos sociais tamén van a ampliar os seus servizos para persoas con capacidade diferentes, que necesitan dunha atención especializada”.

Dúas fincas
Santos Ramos explicou que estes terreos atópanse a carón das instalacións do San Rafael e da Granxa Gayoso Castro. Son 2 fincas. Unha de 10.274 metros cadrados, onde na actualidade Fudace ten o seu centro referencia en Castro de Rei, no que atende a unhas 60 persoas con dano cerebral e nas que traballan 46 profesionais para a súa atención.

Na segunda finca, de 71.791 metros cadrados, Fudace construirá un novo edificio con dita unidade de patoloxía dual. Terá capacidade para un mínimo de 15 persoas e un máximo de 45. Nestas instalacións prestarase servizo a persoas con dano cerebral e trastornos severos de comportamento, que requiren dunha atención moi especializada.

Apoio das administracións
Fudace concorrerá a axudas da Unión Europea, concretamente ao Leader 2016-2020, en busca de financiamento para as obras deste novo centro co que acadaría ampliar os seus servizos. Trátase dun obxectivo no que este colectivo leva anos traballando co apoio do Goberno da Deputación de Lugo, e que require de máis apoio institucional.

Cómpre lembrar que Fudace pediu ao organismo provincial ás instalacións do San Rafael para incrementar neste inmoble provincial o seu catálogo de servizos, pois ten lista de espera de usuarios. A institución luguesa puxo a súa disposición este patrimonio provincial. A Xunta de Galicia e o Goberno Central frustraron este proxecto, negando a Fudace a súa colaboración económica.

Exit mobile version