Tamén é reseñable salientar que todos estes Mestres contan cunha traxectoria como entrenadores sobradamente recoñecida xa que nos sus centros de artes marcíais teñen campións tanto de España coma de Europa e do mundo nas súas especialidades. A xuntanza adquiriu carácter internacional xa que achegáronse practicantes dende Minnesota nos Estados Unidos e dende China, por suposto tamén artistas marcíais dende diversas partes da xeografía estatal coma o País Vasco, Aragón, Cataluña, Madrid, Castilla e León e por suposto das catro provincias galegas, incluindo aos membros da Asocicación de Artes marcíais da Mariña que partiron dende Ribadeo, Burela, Cervo e Viveiro e que destacaron “o éxito que tivo a iniciativa destas xornadas de convivencia, a marabillosa organización do evento e a satisfacción que produce contar con semellante plantel de Mestres”.