Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP burelés denuncia o “retraso” da concesión de subvencións en concorrencia competitiva

Burela, a 11 de agosto de 2016.- O Grupo Municipal Popular (GMP) declarou este xoves “estar preocupado polo desmesurado retraso que leva o procedemento de concesión das subvencións que o goberno socialista tén previsto conceder en réxime de concurrencia competitiva”.

Os populares aseguran que “as bases que obrigatoriamente teñen que rexer o procedemento de concesión de subvencións en réxime de concurrencia competitiva ainda non foron aprobadas, co que moito nos tememos que as asociacións ou colectivos que resulten ‘agraciados’ cobrarán durante o ano 2017”.

Para os populares, “que esto aconteza, é un desprecio absoluto hacia as asociacións e colectivos, xa que compre lembrar que a principios do mes de marzo do presente ano foi anunciada por membros do goberno socialista unha reunión con colectivos na que serían informados das bases das subvencións. Reunión á que, de terse producido, non foron invitados todos os colectivos”.

“Pois ben, indican desde o GMP, logo de ter anunciado a bombo e platillo que todas as subvencións para 2016 se concederían en réxime de concurrencia competitiva, resultou que nos presupostos para o presente ano hai 138.500’00€ para subvencións, dos que 91.150’00€ foron concedidos con carácter nominativo entre só dez asociacións ou colectivos, algo que agora fai o PSOE e que antes criticou cou desmesura. Deste xeito, só quedan para o sistema de concurrencia competitiva un total de 47.350’00€”.

Desde o GMP indican que “en 2015, cun goberno municipal do PP, o importe real de subvencións para asociacións e colectivos nos presupostos municipáis ascendeu a 152.000’00€, un 10% máis do que hai para o presente 2016, e cun presuposto de menor contía en términos absolutos”.

Os populares afirman que “a día de hoxe, só nos queda concluir que o alcalde e o seu goberno mentiron en todo canto falaron das subvencións. Mentiron nas contías, xa que dixeron que incrementarían a partida e vemos cómo diminuiu; mentiron na forma de concesión das subvencións, xa que dixeron que ían ser todas en réxime de concurrencia competitiva e logo conceden os dous tercios dos cartos con carácter nominativo vía presupostos; mentiron nos prazos, xa que dixeron que na primavera estarían as bases elaboradas cando a día de hoxe ainda non foron aprobadas; e, o peor de todo, están afogando económicamente ás asociacións e colectivos que están agardando polas subvencións en réxime de concurrencia, que ven que non se convocan as subvencións e que polo tanto non cobran”.

O GMP afirma que “non queremos pensar que se esteñan pagando de forma irregular actividades de certas asociacións e colectivos, para escapar do que eles mesmos prometeron”.

Finalmente, desde o GMP indican que “o alcalde, e os concelleiros que estiveron nas conversas cos colectivos, deben dar explicacións sobre este asunto. A súa falla de credibilidade é máis ca evidente”.

Exit mobile version