Burela, a 29 de agosto de 2016.- O Grupo Municipal Popular (GMP) deu a coñecer este luns as contías cobradas por viaxes e comidas polo alcalde de Burela nos dez primeiros meses do seu mandado: “Llano cobrou un total de 7.581’86€ desde o 13 de xullo de 2015 ó 31 de maio de 2016. Cartos que son cartos de todos, porque os cobrou do Concello. E todo eso, por suposto, a maiores do seu soldo, que é de 44.999’00€/ano”.
As contías desglósanse en 1.748’28€ desde o 13 de xullo de 2015 ó 31 de decembro de 2015, e 5.833’58€ desde o 1 de xaneiro ó 31 de maio deste ano 2016.
Para os populares, “estas contías reflexan que o Sr. Llano cobrou dos cartos de todos os veciños unha media de 758’00€/mes durante ese período de tempo, ademáis do soldo que se fixou él para si mesmo, 44.999’00€/ano, o máximo autorizado pola lei. O máis significativo é que nos cinco primeiros meses deste ano cobrou en viaxes unha media de 1.166’00€/mes”.
O GMP afirma que “se dá a circunstancia de que neses dez meses hai unha sucesión de viaxes a Lugo, á Deputación fundamentalmente, sobre de todo no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de maio do presente ano. Sucesión mui significativa, porque ás veces ocurre que viaxa a Lugo tres e mesmo catro veces por semana. Non sabemos se tén algún familiar en Lugo nin nos importa, pero que haxa algunha semana de ir tres veces á Deputación, simplemente nos parece unha tomadura de pelo. Pola contra, ás viaxes a Santiago, nos dez meses, non superan a media docena”.
Os membros do GMP estiman que “non hai logros que xustifiquen semellante cobro de dietas e viaxes dos cartos de todos os veciños. A nova escola infantil ainda está pechada, non se tén feito nada de nada sobre as áreas destinadas a zonas industriáis no PXOM, …, e por riba póñense trabas ás obras que a Xunta está a facer nos centros de ensino. Con este alcalde, hasta agora, só temos festas e máis festas, e o convenio coa Deputación, convenio limitado comparado cos de outros concellos, que non xustifica nin por asomo semellante cobro de cartos en dietas e viaxes”.
“O GMP nunca criticaría o cobro de viaxes e dietas se houbese logros e avances importantes, pero como eso non se dá, temos a obriga moral de darlle a coñecer ós veciños o que cobra o alcalde en viaxes, cobro desmesurado e inxustificado pola ausencia de logros, que por riba os pagamos cos cartos de todos”, engaden os populares. “Entendemos que os veciños teñen o dereito de estar informados do que cobra o noso alcalde: se él non informa, informamos nós. E xa vemos que moito non fai, máis ben nada, pero cobrar cobra coma se fixera”.