Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela di que “de entrada, o alcalde vainos obrigar a pagar 73.618’35€/ano máis pola recollida de lixo e limpeza viaria coa nova adxudicación”

Burela, a 26 de agosto de 2016.- O Grupo Municipal Popular (GMP) asegurou hoxe que “o alcalde e o goberno municipal están actuando con enorme irresponsabilidade política no asunto de CeltaPrix: sacar a concurso a recollida de lixo e a limpeza viaria, cos datos que manexa o concello, e de non haber baixas nas ofertas, vaI supoñer que se paguen 73.618’35€ máis por ano do que se viña pagando. E como non somos adiviños non sabemos se haberá baixas ou non”.

Os populares afirman que “o estudio de custos que fixo a empresa que asesora ó alcalde, e que nos está costando 21.000’00€, indica claramente que o concurso tén un precio de licitación de 1.439.572’28€ incluido IVE polos dous anos que se indican no expediente, é decir, 719.786’14€/ano. A CeltaPrix se lle está pagando agora mesmo un total de 646.167’79€/ano incluido o IVE. Eso quere decir que pagaremos polo mesmo servicio 73.618’35€ máis cada ano”.

Desde o GMP “indican que, de non haber ningunha baixa que chegue ó que agora mesmo nos custa CeltaPrix, o novo concurso pode chegar a supoñerlle a unha familia media un incremento aproximado no recibo de 18€/ano, e de momento non se aclara se ese posible incremento se repercutirá no recibo ou non. En todo caso, de non repercutirse, habería que sacar os cartos de outro sitio, en detrimento doutras actuacións”.

Para os populares, “o alcalde está mareando a perdiz co asunto de Celtaprix, e non dá resolto nada. Levamos seis meses con este tema e non salimos do paso, seguimos anulando e iniciando expedientes de resolución do contrato con Celtaprix pola incompetencia do alcalde, que en vez de guiarse polos técnicos municipáis se está a guiar por empresas de fóra que por riba nos están costando cartos”.
Para os populares, “é unha comedia e unha frivolidade, se non fose porque estamos xogando cos cartos de todos, que seis meses despóis volva a pleno a rescisión do contrato con Celtaprix. Caduca o expediente, iniciase de novo, e non sastisfeito con esto, e sen saber cómo vai quedar o asunto, o alcalde saca a concurso o servicio de recollida de lixo e de limpeza viaria, incumplindo o seu programa electoral, algo ó que xa está acostumbrado, porque dixo que o servicio se ía municipalizar. Se de por si é unha falta de seriedade incumplir o programa electoral nun asunto ‘estrela’, peor é sacar a concurso este servicio sen ter claro qué vai pasar co expediente de resolución do contrato. Nos parece dunha temeridade absolutamente irresponsable”.
Pero os edís populares tamén engaden: “en relación co novo concurso ou da municipalización do servicio de recollida de lixo, se o alcalde tivese vontade de municipalizalo, xa o tería feito, como fixo, por exemplo, o actual goberno de Ames coa auga. A conclusión que sacamos é que está utilizando este asunto para enganar á xente”.

Engaden, por outra parte, que “desde que se contratou esta empresa externa que asesora ó alcalde, hai xa catro meses, ben podía estar feito o estudio para decidir sobre a municipalización ou non do servicio, sen estar unha vez sí e outra tamén con este tema”.
“Tal e como vimos facendo neste asunto desde que comenzou, os edís do PP abstivémonos, porque todo esto non está nada claro, e o alcalde segue sen facerlle caso ós técnicos municipáis, xa que encarga informes externos a empresas privadas que nos están custando cartos a todos os veciños, exactamente 21.000’00€”, indican desde o GMP.

Os edís do PP consideran que “todo este asunto tén todas as pintas de que vai acabar no xulgado. Saberemos cándo entrará no xulgado, pero non saberemos cando vai rematar nin tampouco cánto nos custará ós cidadáns”.
Finalmente, indican que “o actual alcalde foi o único que favoreceu ás empresas da auga e do lixo. Renovou a adxudicación da auga a principios de 2011 por dez anos, e en 2008 milloroulle o contrato a Celtaprix en 75.000’00€/ano, e agora tén toda a pinta de querer facer unha nova empresa amiga con ese incremento de 73.618’35€/ano se nada o remedia. O que non fixeron nin Mon nin Barcia, fíxoo e está a facelo Llano, o ‘amigo’ das empresas privadas que teñen as concesións da auga e do lixo”.

Exit mobile version