Site icon Crónica3.com A Mariña

O venres 26, XIX Día da Bici en Lourenzá

bici-louO vindeiro venres 26 de agosto chega unha nova edición do Día da Bici a Lourenzá. A saída deste décimo novena edición será a partir das 18.30 horas e as inscricións abriranse na Praza do Conde Santo ás 17.00 horas.

Percorreremos varias pistas dentro do Concello ata chegar á área recreativa da Cazolga onde terá lugar o avituallamento. Despois de repoñer forzas, reanudaremos a marcha para chegar de novo a Lourenzá sobre as 20.00 horas.
Ó chegar, teremos distintas competicións coa bici na praza e logo entregaranse trofeos e regalos ós afortunados.

Todos os participantes deberán levar casco, do contrario non poderán tomar parte na actividade.

Organizan as Escolas, e colabora o Concello de Lourenzá, Protección Civil de Lourenzá, Motos Santalla, La Voz de Galicia, Eroski City e Pastelería Cabaleiros.

Exit mobile version