Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas din que as políticas de Feijóo na comarca bloquearon a capacidade emprendedora dos cidadáns da Mariña

A Mariña, 18 de agosto de 2016.- “As políticas de Feijoo na Comarca bloquearon a capacidade emprendedora dos cidadáns da Mariña”, así de contundente se expresou o PSdeG-PSOE tras coñecer a valoración do balance parlamentario do PP realizado este mércores en Ribadeo.

Dende o PSdeG-PSOE fixeron un repaso polas promesas incumpridas polo Partido de Feijoo na Comarca. Sobre o Hospital da Costa asegura que “converteron este infraestrutura sanitaria nun ambulatorio de referencia do Hospital de Lugo, e o único que conseguiron foi descapitalizar a área sanitaria da Mariña”. Sobre as obra de ampliación asegurou que “o que fixeron ata agora, en plena campaña preelectoral foi escarvar, sen obra, sen licitación e cunha suposta ampliación que durará arredor de 5 anos”. Por iso insisten nas súas criticas “o PP chega 8 anos tarde para acometer as obras de ampliación de este Hospital, os mariñáns non somos cidadáns de segunda”.

No que se refire as infraestruturas reprochou ao PP as súas soflamas sobre investimentos na Comarca. Din que “deberían ruborizarse da situación das infraestruturas viarias na Costa. Dende fai 8 anos levan movendo as máquinas no tramo San Cibrao-Ferrol, e nada sabemos da licitación da variante de Viveiro, ou o lamentable estado no que se atopa a N-642”. Tamén aludiron as obras da Porto de Burela “levan 8 anos para realizar unha actuación que ten 1.5 km de lonxitude, esta é a política de infraestruturas do PP”.

Sinalan que nestes últimos Núñez Feijoo e o PP administraron durante os últimos 8 anos en torno a 80 mil millóns de euros, e con eses recursos non fixo ningunha actuación relevante para a Comarca, nin no tocante as infraestruturas, equipamentos ou servizos. “A Mariña viviu á marxe da política de investimentos de Feijoo. O único que sufrimos foron recortes en sanidade, educación, servizos sociais ou emprego, como o resto dos galegos”.

A maiores aludiron a incompetencia dos goberno do PP. “O maior exemplo da inoperancia do PP e de Feijoo na Mariña pode comprobarse na Residencia de San Cibrao, que leva rematada dende fai mais de 1 ano, e a día de hoxe segue sen estar en funcionamento, compromisos moitos pero feitos ningún. De este tipo de cuestións son os que tiña que dar conta o PP, Feijoo e os seus candidatos do PP”.

Sobre o emprego na nosa Comarca, replican que o “PP é o responsable da desaparición da ECAR en Mondoñedo, da redución do 50% dos postos de traballo en Muebles Hermida de Lourenzá, do peche do lavadero de Ecesa de Burela, da redución de plantilla en Sargadelos”. E tamén da incertidume que se vive nestes momentos co complexo de Alumina-Alumino de San Cibrao. “Os traballadores viven esta situación pola nefasta política enerxética do PP, xa que non permite estabilizar o futuro da fábrica da que dependen 1.400 operarios”, conclúen.

Exit mobile version