Burela 5-8-16. Vimos asistindo, dende a convocatoria de eleccións no noso pais, a declaracións dos responsables e candidatos de Lugo, tanto de PP como de Psoe, sobor do posible resultado do 25 sep. na nosa provincia.
Na nosa provincia temos en xogo 14 escanos do Parlamento de Galicia, nun acto de clarividencia e profecia o PP dase 9 e o Psoe 5. Parece ser que o resto de partidos xa aforramos de participar no proceso que ten que ser democrático e xusto.
Esta situación é, ó noso modo de entender, unha clara falla de RESPETO ós votantes da nosa Provincia, e unha falla total de escrupulos e de ética democrática.
Os únicos que teñen a potestade de elexir, son as persoas de Lugo que con LIBERDADE elixen o seu voto.
Non deixa de ser clarividente que o PSOE de Lugo non opte a ser o gañador dos comicios, un partido exausto polas liortas, corrupcións e alonxado dos postulados socialdemocratas que públicamnete renuncia a ser alternativa.
O PP esta a ver que Lugo é decisivo e pretende presionar decindo que xa todo esta resolto. Cando dende a Xunta se ningunea a Lugo, chega con ver o pouco peso político do PP de Lugo no organiograma do Goberno en funcións de Galicia, para o PP de Feijoo, Lugo non ten xente preparada.
Dende CxG respetamos os veciños e veciñas de todas as poboacións de Lugo e recordamos que votando todos somos iguais.
Non facemos quinielas, mentres outros perden o tempo nos temos claro o Pais que queremos. E queremos que Lugo conte.
Juan Carlos Piñeiro Docampo
CANDIDATO CXG LUGO.