Site icon Crónica3.com A Mariña

Piñeiro Docampo: “Lucía Nespereira está no proxecto de CxG. A muller, o deporte e o traballo importan”

As Listaxes de candidatas e candidatos son, a falta de confirmación pola autoridade elctoral, xa de carácter público. No relativo as listas de Compromiso por Galicia a Comarca da Mariña e en particular Burela gaña peso e representación.

A incorpración de Lucía Nespereira Gómez na lista de Ourense como número 2 ten necesariamente un eco importante na zona da Mariña.

Lucía Nespereira foi internacional coa seleccion española, xogadora de primeiro nivel e era a Capitana do Burela FSF cando se gañou o primeiro doblete. Moi querida pola afección e moi implicada no pobo de Burela.

Ela sempre dí que Burela é a súa segunda casa e dende a CXG Lugo sabemos que a súa presenza no Parlamento asegura: traballo polo deporte, traballo polo deporte feminino, traballo polos movimentos sociais de igualdade e ademáis de que defenderá os intereses da súa “segunda casa” e da nosa comarca.

A incorporación de persoas como Lucía, Xavier Alcala, Melina Paz, Xosé Luís Doval e outros ven de certificar que CXG, lonxe de LIORTAS e RUPTURAS é o proxecto de futuro para Galicia, galeguista, socialdemocráta e progresista.

Hoxe o deporte, o fútbol sala, a igualdade efectiva entre mulleres e homes, a Mariña e Burela están de noraboa coa implicación e o traballo de Lucía Nespereira.

Exit mobile version