Site icon Crónica3.com A Mariña

Plan Compromiso cos autónomos. CxG propón medidas concretas

Vimos asistindo a como as musas inspiran os políticos galegos a facer anuncios de políticas de emprego, que sospeitosamente, non implantaron ou demandaron en estes catro anos. 1500 empregos di un, plan fulanito outro …

Dende CXG pretendemos prácticar a boa política propoñendo accións concretas e definidas. Somos coñecedores da situación de moitas e moitos galegos e galegas, a diferencia de algúns nos pisamos a rúa para falar coa xente. Recollendo ideas, propoñemos a seguiten medida:

Dende a Xunta de Galicia aprobaremos un paquete de normas: bonficacións, baixa da carga fiscal, menos burocracia, reparto das adxudicacións da xunta en contratos máis pequenos e regular a concorrencia… Para aqueles autónomos que xeren a lo menos un emprego de calidade na lexislatura.

A solución non é engordar a administración nin chiringuitos como propon o PSOE.
A política do PP xa se coñece, peche de empresas, deslocalizacións, grandes contratos a amigos. En definitiva contratos en precario e paro.
Da Marea nada sabemos en este campo, so coñecemos as fotos do candidato non sabemos proque, sempre xunto a arbores.

Na práctica esta medida remataría co desempleo en Galicia, xa o anunciaba Xoan Bascuas na sua visita a Lugo. Na provincia temos cerca de 20.000 parados e un total de 36.163 autonomos. En 4 anos podese acadar o pleno emprego e xerar riqueza na nosa Provincia, aplicando medidas que beneficien ós autonómos en non sangrando economicamente ó autentico motor da nosa economía.

Exit mobile version