Site icon Crónica3.com A Mariña

Por temor á choiva, concerto da Banda de Música de Ribadeo nun Cine Teatro ateigado

concerto-ribaRibadeo, 27 de agosto de 2016. Por temor á choiva o concerto de música de cine da Banda Municipal de Ribadeo trasladouse na noite deste venres, ao Cine Teatro, que estivo ateigado de público.

A Banda ribadense, dirixida por David Ballester Martínez, interpretou as seguintes pezas: All For Love, da película Los tres mosqueteros; Hallelujah, de Shrek; You´ll be in my heart, de Tarzán; unha selección de Harry Potter y el cáliz de fuego e outra de Bailando con lobos; os temas principais de Star Wars e de Juego de Tronos; e unha selección de El Señor de los anillos. E remataron ofrecendo de novo o tema principal de Star Wars.

Mentres a Banda de Ribadeo interpretaba as pezas, na pantalla do Cine Teatro proxectáronse fragmentos das películas a cuxas bandas sonoras pertencían os temas.

Exit mobile version