Site icon Crónica3.com A Mariña

Preguntas do PP de Viveiro para o vindeiro pleno municipal

En Viveiro a 26 de agosto de 2016

Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Sra. Alcaldesa da Corporación, as seguintes preguntas sobre as que desexa obter no próximo Pleno, a correspondiente resposta, ben sexa oral ou por escrito.

1º) Na parroquia de Faro existe un camiño real que comunica o burgo de Aldea de arriba co burgo de Faro pola zona sur , sendo o camiño mais transitado por parte dos veciños de Aldea , tanto para ir as súas terras como para ir a Igrexa ou ó cemiterio .
Dito camiño é coñecido co nome de Camiño de “ Montillos “ e na actualidade está intransitable , presentando abundante maleza e incluso unha parra que impide o paso peatonal ou mecanizado.
Ante isto os veciños demandaron solucións , asi como este grupo municipal con preguntas nun Pleno do ano 2014 , co compromiso do Goberno Local de examinar e si fose necesario arranxar dito camiño . Pasaron dous anos , e o día de hoxe nada se ten feito , nin tampouco sabemos as intencións do Goberno Local ó respecto , motivo polo que volvemos a PREGUNTAR :

a) Ten previsto o equipo de Goberno a limpeza e recuperación do Camiño de “ Montillos “ en Area – Faro.?
b) En caso afirmativo , para cando esta prevista a realización desta actuación?

2º ) Dende que se executou o saneamento integral dos barrios de Hermosende , Parraguesa e Pontigo da parroquia de Galdo , os veciños da zona da Feira , Cabezon e Vilar de Arriba , todos nesta mesma parroquia , veñen reclamando o servicio de saneamento incluso con mais de 150 firmas recollidas e coa promesa do goberno local (según os veciños ) de que se van facer a corto plazo ditas obras tan necesarias , aproveitando asi a posta en servicio do pozo de bombeo situado no Pontigo.
Por este motivo PREGUNTAMOS:

a) Está previsto por parte do goberno local a dotación do servicio de saneamento nas zonas anteriormente mencionadas da parroquia de Galdo?
b) En caso afirmativo, para cando preve o goberno local o comenzo das obras?

3º) A principio do presente ano, a Alcaldesa acompañada do arquitecto municipal e de dous técnicos do equipo redactor do Plan Xeneral de Ordenacion Municipal ( PXOM), reunironse na Dirección Xeral de Patrimonio co Subdirector Xeral deste Organismo e en donde ambas partes según parece saíron satisfeitos da mencionada reunión, co compromiso do Concello de enviar diversos informes.
Por este motivo PREGUNTAMOS :

a) Enviouse toda a documentación requerida por Patrimonio?
b) En que situación actual do proceso se encontra o Plan Xeral de Ordenación Municipal ( PXOM)?
c) Cree o Goberno Local que se van cumplir os plazos para aprobación definitiva do PXOM?

4º) No pleno do 2 de Setembro do 2015 ( fai un ano ) este grupo municipal fixo un rogo para a posible colocación dun paso de cebra nunha das entradas de vehículos ó supermercado Gadis ( frente a correos ) con beirarrúas e rampa de acceso para minisvalidos, sendo a resposta da Sra. Alcaldesa que se comunicaría ó xefe da policía local para que elaborase un informe ó respecto. Como queira que a día de hoxe e transcurrido un ano dende o noso rogo e visto que non se pintou o paso de cebra e polo que PREGUNTAMOS:

a) Elaborouse dito informe por parte da Policía Local?
b) Teñen pensado pintar dito paso de cebra nesta zona?
c) En caso afirmativo, cando pensan facelo?

Exit mobile version