Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación do V torneo de padel San Bartolo 2016

V TORNEO DE PADEL SAN BARTOLO 2016 (5)Xove 9-8-16. Este martes, na Pista Municipal de Padel de Xove, presentouse o V TORNEO DE PADEL SAN BARTOLO 2016.

Este cita deportiva, que cada ano organiza o Concello de Xove a través da súa concellería de deportes, coincidindo coas Festas Patronais de Xove, vaise desenvolver na pista municipal do 15 ao 19 de agosto. Para realización deste evento o Concello conta coa gestión da empresa deportiva IG10. No torneo imos ter categorías masculina, feminina e mixta.

O sorteo vaise desenvolver o vindeiro venres 12 de agosto, no Salón de Actos do Concello, ás 20:00 horas. A inscrición é de 18 € para 1 categoría e de 30 €uros para 2 categoría; a inscrición inclúe seguro de accidentes personal.
En canto aos premios, vanse repartir nas distintas categorías 1.200 €uros en Material Deportivo. Tamén haberá fase de consolación en todas las categorías do Torneo.

Dado que se espera unha alta participación e para facilitar a presencia de xogadores/as no Torneo, a organización ten previsto ubicar un inchable ao lado do terreo de xogo para que os máis peques, incluso os que acompañen aos xogadores/as, teñan un lugar onde entreterse mentras de desenvolve a competición.

Exit mobile version