A Asociación Cultural Fanto Fantini amosa a súa satisfacción pola data máis apropiada para presentar o Osa do Mar 2016, o día da Feira do Bonito. Osas e bonito sempre fan bo equipo, alimentándose e manténdose en forma.
Este sábado (6 de agosto) as actividades comezan pola mañá (ás 12:00h) co II Descenso de Carrillanas “Bonito vai, Bonito ven!”. Despois de todo o día con música, actividades par as nenas e nenos, comer bonito a fartar e darse unha volta por Produart na explanada do porto poderase disfrutar dos concertos de Best Boy (ás 22:30h), Sexy Zebras (23:30h) Astarot (OO:30h) e Dj Chente para rematar a festa. No medio dos concertos desvelarase o cartaz completo, programa, patrocinadores e todas as actividades. Durante todo o día habilitarase un posto de venta do merchandising e entradas do Osa do Mar 2016.
Pódense mercar as entradas anticipadas, a mui bo prezo, na plataforma Entradium, na páxina web (www.osadomar.com) e na páxina de facebook “Osa do Mar”:
· Bono dous días: 15€ (gastos de xestión incluidos)
· Venres 4: 10€ (gastos de xestión incluidos)
· Sábado 5: 10€ (gastos de xestión incluidos)