Site icon Crónica3.com A Mariña

“Que Feijóo non cite ou que se refira a Cidadáns (C’s) con certo desprezo é indicativo de clara inquietude”

O obxectivo de Cidadáns (C’s) é entrar no Parlamento galego para introducir reformas e cambios
Galicia, Mércores 10 agosto de 2016. Cristina Losada, no seu primeiro día como candidata oficial á presidencia á Xunta por Cidadáns (C’s) Galicia, quixo contestar ás reiteradas mensaxes que Núñez Feijóo vén lanzando nas súas declaracións en diferentes medios, nun intento de polarizar ao electorado galego “paréceme significativo, indica preocupación pola súa banda. Preocupación porque Cidadáns (C’s) é unha opción que ocupa o centro político, un espazo de reformas e de cambios sensatos. Que Feijóo non cite ou que se refira a C’s con certo desprezo é indicativo de clara inquietude”.

Cristina Losada, considera que “non se pode falar de votos perdidos ou inútiles. Hai que respectar o voto que os cidadáns depositan nas urnas de acordo coas súas preferencias”.

O obxectivo de Cidadáns (C’s) é entrar no Parlamento galego para introducir reformas e cambios “que ninguén se esqueza de que Cidadáns (C’s) está en Galicia cun obxectivo de traballo a longo prazo, é un proxecto que veu para quedar” conclúe Cristina Losada.

Exit mobile version