Site icon Crónica3.com A Mariña

Servizo gratuíto de autocar ao Museo do Mar o 13 de agosto cos Roteiros de Verán

Dentro do programa de Roteiros de Verán da Rede Museística da Deputación de Lugo o domingo 13 de agosto haberá un servizo gratuíto de autocares para o Museo Provincial do Mar (San Cibrao-Cervo) con saída de Lugo ás 09.00 horas e dende San Cibrao ás 19.00 horas.

Programa de actos
– 11.00 horas: Visita guiada ao Museo Provincial do Mar.

– 12.00 horas. Presentación do libro de Otero Regal A Maruxaina e outras sereas.

– 13.00 horas. Xantar comunitario (cada asistente deberá levar a súa propia comida) e participación na festa da Maruxaina.

Todas aquelas persoas interesadas en asistir a estes actos, deberán apuntarse no seguinte enderezo de correo electrónico (xerencia-redemuseos@deputacionlugo.com) denantes do 10 de agosto.

O número de prazas é limitado, polo que a inscrición será por rigorosa orde de reserva.

Exit mobile version