Site icon Crónica3.com A Mariña

Terras de Lourenzá preparan unha fin de semana de rutas polos Ancares

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá realizará outra fin de semana de Rutas neste vindeiro mes de setembro, e se en maio se desprazaron ata Somiedo, agora farano ata os Ancares.

A fin de semana do 17-18 de setembro, desprazaranse ata os Ancares, onde teñen pensado realizar dúas rutas.

O sábado, 17, realizarán a “Ruta da subida ó Pico dos Tres Bispos); esta primeira andaina ten unha distancia de 14kms e dificultade alta. Unha vez rematada a camiñata, pasarán a tarde na aldea prerromana do Piornedo, e terán a cea e aloxamento desa xornada; así como o almorzo do domingo.

Na xornada do domingo,18, a camiñata escollida é un paseo polo entorno do Piornedo”, percorrido duns 4kms e dificultade baixa. Ó remate, desprazaranse en autobús ata un mirador da zona para gozar das vistas do Porto dos Ancares; e a mediodía comerán no lugar de Balouta.

O prezo da actividade é de 70 € para os socios federados, 75€ para socios non federados, 85€ para non socios que están federados, e 90€ para os non socios non federados (xa que se asegurará a ruta de montaña); e inclúe os desprazamentos en autobús de ida e volta dende Lourenzá; a cea e a pernocta da noite do sábado; así como o almorzo e xantar do domingo.

Anotan ata o martes, 13 de setembro; por rigurosa orde de inscrición, xa que as prazas son limitadas.

Informan detalladamente das condicións da viaxe (sistema de aloxamento, comidas, horarios…) e inscriben, nos teléfonos: 647 06 70 54 (Javier) e 686 77 11 13 (Emilio).

Exit mobile version