Site icon Crónica3.com A Mariña

Volei praia na Pasada (Barreiros) o mércores 10 de agosto

Barreiros 9-8-16. A reaparición de Reigosa dará brillo á 13ª edición do Torneo Internacional de volei-praia “Praia da Pasada”, en San Miguel de Reinante (Barreiros)

A cita será este mércores 10 de agosto, a partir das 12 da mañá.

Chega o xa clásico torneo veraniego de volei-praia ao areal barreirense da Pasada, e faino co aliciente do regreso á area do mítico xogador laurentino Javier Reigosa, que se reencontrará coa súa inseparable parella, o incombustible Roberto Casas, co que a bo seguro farán as delicias de todos/as asistentes. Xuntos, tratarán de reeditar antigas glorias para demostrar así que o seu exitoso ciclo aínda non chegou ao seu fin.

Alén disto, o torneo conta con outros alicientes, como a presenza doutras clásicas parellas, como as formadas por Luna e Juanjo Lacasta ou a parella portuguesa composta por Joao e Carlos Winck. O sempre impredecible Jose Abanda, formará dupla cun Rodrigo Avendaño que ven apuntando grandes actuacións e que mira cara o futuro con renovadas esperanzas, unha vez se desprendeu do lastre que supoñían as tiranteces existentes co seu antigo compañeiro, Guillermo Avendaño. Precisamente, este último afronta esta cita como unha das grandes esperanzas de futuro no volei barreirense, formando parella con Carmen Souto, que se estrea nesta edición.

Outros dos habituais participantes están á espera de limar diferenzas para rematar de conformar as equipas participantes. Esperase tamén a participación de diferentes equipos chegados dende A Coruña e Asturias.

Asimesmo, anímase a calquera persoa interesada a achegarse á praia da Pasada o próximo mércores, día 10, ás 11,30 da mañá, para formalizar a inscrición ou para asistir como público. Recoméndase levar bocadillo.

Como cada ano, a xornada culminará cunha fraternal churrascada aberta a todos/as participantes.

Exit mobile version