O meta catalán Joan Miñano foi a única cara nova no adestramento, xunto a Edu, Álex, Iago Míguez, Isi, Iago Rodríguez, Matamoros, Chano, Bruno Petry, Carlitos, Jorge Bellvert, Antoñito, Renato e Hélder. Os canteiráns Aarón Fernández, Christian Rivas e Sergio Cora compartirán estas sete semanas de preparación coa escuadra antes do debut ligueiro, o 12 de outubro ante o Palma Futsal (Vista Alegre).