O mercado tradicional, que comezará ás 10 da mañá, estará animado coas actuacións musicais do grupo de gaitas Medio Quiñón, do Home Orquestra Hortensio e do grupo de percusión Quilomberos de Monte Alto.; e a partir das 11:15 horas haberá unha exposición de manualidades. As actividades da Queimada Popular empezarán ás once da noite e a partir das doce haberá verbena con A Banda de Balbina, Festicultores e o dúo Diamante.