Son cinco as corais de recoñecida calidade as que participan ; algunha delas vellas coñecidas na praza; tal é o caso, por exemplo, do prestixoso Orfeón de Mieres que en varias ocasións ten actuado na nosa vila, deixando en cada unha fiel testemuña da calidade musical e da súa simpatía, que reflicten o amplo dominio do escenario; non en balde o orfeón é o decano dos colectivos corais asturianos. Ao longo da súa prolongada historia o Orfeón de Mieres, recibíu numerosos premios, distingos e condecoracións de primeiras autoridades e institucións.
Na actualidade está composta por 36 voces mixtas e está dirixido por Joaquín María Sandúa; é o seu presidente Eustaquio Alvarez Hevia.
Por parte asturiana participa tamén a Coral Asturiana de Gijón.
Representan a Galicia nesta ocasión a Coral Amadeus de Vigo que fixo a súa presentación naquela cidade en 2003.Fórmana 55 compoñentes e a súa directora é dona Norma Urive- Echevarría Córdoba, graduada en dirección coral e Profesora de piano e Linguaxe Musical pola Escola Nacional de Arte de La Habana. Dende a súa creación a Coral viguesa Amadeus ten actuado en tódalas cidades galegas , así como nos mais importantes eventos musicais de España e Portugal. As súas intervencións cóntanse por outros tantos éxitos.
A Coral Polifónica de Foz pasa polo mellor momento artístico da súa historia. Así o confirma en cada actuación que nos últimos tempos ven celebrando; por xemplo o pasado día 29, no xardín do concello obtivo un novo e rutundo éxito cunha audiencia que non cansaba de aplaudir e expresar a súa satisfacción polo maxistral concerto que acababan de ofrecer á súa entusiasmada audiencia. Vaia para todos eles os nosos maiores