En primeiro lugar, este venres, os usuarios dos distintos dispositivos participaron no circuito de kars. Con esta iniciativa fomentouse traballar temas como a seguridade víal, o coidado do medio ambiente e saber disfrutar do tempo de ocio dunha forma diferente.
Foi unha mañá moi divertida na que se recordaron as normas de circulación, ao tempo que se compartía risas e bo humor con compañeiros e monitores dos centros e de Gaia.
Así mesmo, para o próximo domingo instalaremos unha mesa informativa na Praza da Mariña ao tempo que desenvolveremos un taller de manualidades dirixido ao público infantil.
Con esta participación pretendemos dar a coñecer a nosa entidade e formar parte das actividades que se realizan na comunidade, loitando unha vez máis pola integración das persoas con enfermidade mental e a ruptura de estigmas.