Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña viaxa a Sanxenxo

sanxenxoCinco usuarios da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña, acompañados por dous monitores, gozaron de distintas actividades durante 4 días na casa vacacional que concede a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidades Mentais de Galicia (FEAFES GALICIA) dentro do Programa de lecer e tempo libre.

Durante a viaxe, ademais da estancia en Sanxenxo, onde conviviron e fixeron conxuntamente as labores da vida diaria, tamén visitaron O Grove, a Illa da Toxa, a Illa de Arousa e Cambados. Ademáis disfrutaron de picnics, comidas en restaurantes e unha saída nocturna con cea de despedida.

Con estas viaxes contribúese a crear un sentimento de grupo entre os usuarios dos distintos dispositivos que ten a entidade e apréndese a disfrutar do tempo de lecer con aproveitamento. Ademais coñécense lugares e recursos culturais, educativos, naturais,… que favorecen o enriquecemento cultural e social dos nosos usuarios. Todo iso repercute positivamente na súa estabilidade e calidade de vida.

Exit mobile version