Acuidoro,SL celebrou eleccións sindicais para a elección do seu primeiro Comité de Empresa despois da fusión das antigas empresas Alrogal e Acuidoro. Para este proceso estaban convocados os 74 traballadores e traballadoras que conforman a plantilla da empresa, dos cales exerceron o seu dereito de voto 61 o que representa unha participación de case un 82.5%.
No Colexio de Especialistas (do que formaban parte 59 electores) o escrutinio dos 51 votos emitidos deulle á Confederación Intersindical Galega 33 votos o que supón un 66% dos votos válidos. A outra candidatura que se presentou neste colexio, CCOO, obtivo 17 votos (34%).
No Colexio de Técnicos e Administrativos (cun censo de 15 traballadores e traballadoras) so se presentou unha candidatura (UGT) que obtivo 8 votos.
Traducidos os votos a representantes, a CIG consigue tres delegados no Comité de Empresa, o que significa que ten a maioría absoluta do mesmo, por un representante de cada un dos outros sindicatos .
Dende a Confederación Intersindical Galega queremos destacar a gran participación no proceso e agradecer a confianza depositada polos traballadores e traballadoras no noso sindicato.