Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación aproba 263 empregos e Axudas no Fogar para máis de 1.800 lucenses de 66 Concellos

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, asinou este venres cos Alcaldes dos 66 Concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes os seus respectivos convenios (un total de 132) do DEPUEMPREGO e do Servizo a Domicilio. Isto supón que o organismo provincial financia con 3 millóns de euros a contratación de 263 novos postos de traballo (os perfís que solicitaron cada municipio) e con 1,5 millóns de euros os custos e melloras (as que cómpren os usuarios de cada Concello) das Axudas no Fogar de máis de 1.800 lucenses.

Co DEPUEMPREGO, a Deputación concede aos Concellos subvencións de entre 27.000 e 67.000 euros para financiar os custos laborais de novos traballadores cos que reforzar as prestacións públicas municipais aos veciños. A distribución destes fondos fíxose en base aos seguintes criterios obxectivos: taxa de paro, superficie, entidades de poboación e núcleos poboacionais.

Durante as últimas semanas, os municipios trasladaron á Deputación as súas respectivas necesidades laborais, que foron recollidas en cadanseu convenio, aprobados hoxe todos polo Executivo Provincial na Xunta de Goberno.

Perfís, orzamento e adianto do 90% da axuda

Os 263 perfís laborais que cómpren os Concellos son os seguintes, así como a axuda da Deputación, que se lles adianta nun 90%:

– Abadín: pediu 3 peóns. A Deputación asume os custos laborais e de seguridade social destes novos traballadores con 51.470,60 euros do DEPUEMPREGO.
– Alfoz: 1 peón e 2 auxiliares administrativos. 44.251,35 euros.
– Antas de Ulla: 5 peóns. 39.438,50 euros.
– Baleira: 1 peón conductor e 2 peóns de obra. 41.844,92 euros.
– Baralla: 3 peóns. 39.438,50 euros.
– Barreiros: 2 peóns. 39.438,50 euros.
– Becerreá: 1 tractorista e 1 enxeñeiro técnico forestal. 41.844,92.
– Begonte: 6 peóns. 39.438,50 euros.
– Bóveda: 2 peóns. 34.625,67 euros.
– Burela: 2 conserxes, 2 xardineiros e 2 albaneis. 29.812,83 euros.
– Carballedo: 2 peóns e 1 responsable de información turística. 51.470,59 euros.
– Castro de Rei: 4 peóns. 58.689,84 euros.
– Castroverde: 4 peóns. 41.844,92 euros.
– Cervantes: 1 tractorista e 1 peón. 44.251,34 euros.
– Cervo: 5 peóns. 37.032,09 euros.
– O Corgo: 1 peón, 1 palista e 1 oficial de segunda. 49.064,17 euros.
– Cospeito: 3 peóns. 53.877,01 euros.
– Chantada: 3 peóns, 2 condutores, 1 palista e 1 albanel. 65.909,09 euros.
– Folgoso do Courel: 1 peón e 1 técnico de turismo. 32.219,25 euros.
– A Fonsagrada: 1 auxiliar administrativo, 1 auxiliar de policía local, 1 condutor moto-niveladora, 1 subalterno e 2 peóns. 65.502,67 euros.
– Foz: 1 administrativo e 1 auxiliar administrativo. 37.032,09 euros.
– Friol: 4 peóns. 65.909,09 euros.
– Guitiriz: 2 peóns, 1 conserxe condutor, 1 arquivador e 1 dinamizador socio-cultural. 68.315,51 euros.
– Guntín: 1 administrativo e 2 peóns. 46.657,75 euros.
– O Incio: 8 peóns. 41.844,92 euros.
– Láncara: 4 peóns e 1 monitor de ocio e tempo libre. 46.657,75 euros.
– Lourenzá: 2 peóns e 1 técnico de turismo. 37.032,09 euros.
– Meira: 2 peóns. 32.219,25 euros.
– Mondoñedo: 1 educador social, 1 axente de desenvolvemento turístico, 1 historiador e 1 peón. 41.844,92 euros.
– Monforte de Lemos: 2 peóns e 1 auxiliar administrativo. 63.502,67 euros.
– Monterroso: 3 peóns de limpeza, 3 peóns de obra e 1 conserxe. 41.844,92 euros.
– Muras: 1 orientador, 1 enxeñeiro agrónomo, 1 administrativo, 1 capataz e 1 operario de servizos múltiples. 49.064,17 euros.
– Navia de Suarna: 1 peón condutor e 1 auxiliar administrativo. 39.438,50 euros.
– Negueira de Muñiz: 2 peóns. 29.812,83 euros.
– As Nogais: 1 oficial de primeira, 1 peón e 1 licenciado en Humanidades. 32.219,25 euros.
– Ourol: 1 electricista, 1 operario condutor e 5 peóns forestais. 53.877,01 euros.
– Outeiro de Rei: 1 administrativo e 6 operarios. 49.064,17 euros.
– Palas de Rei: 4 peóns de protección civil, 1 enxeñeiro, 2 auxiliares axuda ao domicilio e 1 peón. 63.502,67
– Pantón: 1 peón, 1 traballadora social e 1 técnico informático. 51.470,59 euros.
– Paradela: 2 peóns. 44.251,35 euros.
– Páramo: 2 peóns e 1 animador socio cultural. 39.438,59 euros.
– Pastoriza: 3 peóns. 49.064,17 euros.
– Pedrafita do Cebreiro: 1 oficial de segunda e 2 peóns. 32.219,25 euros.
– Pobra do Brollón: 1 técnico de medio ambiente, 1 peón forestal e 1 peón de obra. 39.219,25 euros.
– Pol: 4 peóns. 39.438,50 euros.
– A Pontenova: 1 chofer maquinaria e 1 auxiliar administrativo. 34.625,67 euros.
– Portomarín: 2 peóns de obras, 1 peón de xardinería. 39.438,50 euros.
– Quiroga: 1 electricista, 2 albaneis, 1 limpador, 1 técnico de medio ambiente, 1 animador socio cultural e 1 auxiliar administrativo. 44.251,34 euros.
– Rábade: 1 peón especialista e 1 administrador de primeira. 27.406,42 euros.
– Ribadeo: 1 dinamizador de telecentros, 1 auxiliar administrativo de turismo e albergue, 1 auxiliar administrativo de intervención e 1 bibliotecario. 46.657,75 euros.
– Ribas de Sil: peóns varios. 32.219,25 euros.
– Ribeira de Piquín: 3 peóns. 29.812,83 euros.
– Riotorto: 1 peón forestal medioambiental e 1 peón de xardíns. 34.625,67 euros.
– Samos: 3 peóns. 39.438,50 euros.
– Sarria: 1 informático e peóns varios. 65.909,09 euros.
– O Saviñao: 6 peóns albaneis, 1 limpador e 1 administrativo. 61.096,26 euros.
– Sober: 2 peóns servicios múltiples, 1 peón pintor, 1 técnico de turismo, 1 auxiliar de viticultura, 1 monitor deportivo e 1 técnico. 53.877,01 euros.
– Taboada: 1 monitor de deportes, 1 peón de obras e 2 oficiais de primeira. 49.064,17 euros.
– Trabada: 1 auxiliar administrativo, 1 arquitecto técnico, 1 técnico deportivo e 1 peón. 41.844,92 euros.
– Triacastela: 3 peóns. 29.819,83 euros.
– O Valadouro: 5 oficiais de primeira e 1 monitor socio cultural. 49.064,17 euros.
– O Vicedo: 2 peóns e 1 administrativo. 41.844,92 euros.
– Vilalba: 3 peóns obras públicas, 1 conserxe, 1 técnico informático administrativo e 1 técnico en administración. 92.379,68 euros.
– Viveiro: 3 oficiais e 4 peóns. 63.502,67 euros.
– Xermade: 3 peóns. 51.470,59 euros.
– Xove: 1 administrativo e 1 coidadora. 37.032,09 euros.

Son os Concellos os encargados dos procesos de selección. Teñen a obriga de comunicar á Deputación con 10 días de antelación o inicio deste proceso para darlle publicidade en www.deputacionlugo.gal co fin de alertar aos posibles interesados.

O organismo provincial establece, ademais, a obriga de facer primar na contratación a colectivos en risco de exclusión social, como maiores de 45 anos, parados de longa duración, persoas con capacidades diferentes ou vítimas de violencia de xénero, entre outros.

Axudas no Fogar gratis e adaptadas ás necesidades de cada Concello
O Executivo da Deputación tamén aprobou hoxe na Xunta de Goberno os respectivos convenios cos 66 Concellos de menos de 20.000 habitantes a través dos cales o organismo provincial financia con 1,5 millóns de euros todos os custos pola prestación do Servizo a Domicilio a máis de 1.800 usuarios nestes municipios (financia os custos que necesitan, segundo cada Concello, os usuarios). O organismo provincial introduciu as seguintes melloras nesta prestación social:

1.- Por primeira vez, as Axudas ao Fogar son totalmente gratuítas para os Concellos. A Deputación asume o 30% do custo desta prestación que, ata o de agora, tiñan que asumir os municipios. O organismo provincial alivia totalmente aos Concellos, pero non aos usuarios, pois a Lei de Servizos Sociais, concretamente o Decreto 99/2012 que aprobou a Xunta de Galicia, fixa o copago do servizo. 2.- Tamén por primeira vez, os Concellos teñen un anticipo do 90% do financiamento que lles corresponde. 3.- De xeito pioneiro, a Deputación non só financiará aos Concellos os gastos de persoal do servizo a domicilio como ata o de agora, senón tamén os do seu funcionamento. Hai que ter en conta que hai Concellos que non necesiten máis persoal para esta prestación, pero si medios económicos para ofrecer un bo servizo. Por este motivo, a Deputación financia agora gastos pola compra de material sanitario ou polo desprazamento dos usuarios, acompañados do persoal do servizo do fogar, as citas médicas, entre outras cuestións, que redunden na mellora da atención dos maiores.

Reparto das axudas
O reparto dos 1,5 millóns de euros das Axudas no Fogar realizouse en base aos seguintes criterios obxectivos: índice de envellecemento; superficie; densidade de poboación e unidades de poboación.

Abadín: 25.107,21 euros; Alfoz: 23.062,85 euros; Antas de Ulla: 22.722,10 euros; Baleira: 22.722,10 euros; Baralla: 22.381,37 euros; Barreiros: 21.018,43 euros; Becerreá: 22.040,64euros; Begonte: 22.040,64 euros; Bóveda: 21.699,90 euros; Burela: 16.588,84 euros; Carballedo: 24.425,80 euros; Castro de Rei: 24.085,05 euros; Castroverde: 22.040,64 euros; Cervantes: 23.744,32€ euros; Cervo: 18.974,00 euros; Corgo: 22.381,37 euros; Cospeito: 23.744,32 euros; Chantada: 25.107,27 euros; Folgoso do Courel: 22.381,51 euros; Fonsagrada: 26.470,22 euros; Foz: 19.314,74 euros; Friol: 25.788,74 euros; Guitiriz: 24.766,53 euros; Guntín: 23.062,85 euros; Incio: 24.085,06 euros; Láncara: 22.381,37 euros; Lourenzá: 21.018,43 euros; Meira: 19.314,74 euros; Mondoñedo: 21.699,90 euros; Monforte de Lemos: 23.744,32 euros; Monterroso: 21.359,16 euros; Muras: 24.766,53 euros; Navia de Suarna: 24.425,80 euros; Negueira de Muñiz: 19.314,74 euros; Nogais: 21.699,90 euros; Ourol: 26.470,22 euros; Outeiro de Rei: 21.359,16 euros; Palas de Rei: 25.788,74 euros; Pantón: 25.788,74 euros; Paradela: 23.062,85 euros; Páramo: 21.699,90 euros; Pastoriza: 23.062,85 euros; Pedrafita do Cebreiro: 22.040,64 euros; Pobra do Brollón: 24.085,06 euros; Pol: 22.040,64 euros; A Pontenova: 21.359,16 euros; Portomarín: 22.381,37 euros; Quiroga: 23.062,85 euros; Rábade: 18.292,53 euros; Ribadeo: 20.677,69 euros; Ribas de Sil: 22.040,64 euros; Ribeira de Piquín: 22.381,27 euros; Riotorto: 22.040,64 euros; Samos: 22.722,10 euros; Sarria: 23.403,58 euros; Saviñao: 26.129,48 euros; Sober: 26.129,48 euros; Taboada: 24.425,80 euros; Trabada: 22.040,64 euros; Triacastela: 19.655,48 euros; Valadouro: 23.062,85 euros; Vicedo: 21.699,90 euros; Vilalba: 27.833,17 euros; Viveiro: 22.722,10 euros; Xermade: 23.403,58 euros; Xove 19.655,48 euros.

Exit mobile version