Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación inicia as primeiras melloras de 4,5 millóns do Plan Integral da rede viaria provincial

lnkasfklafsdklA Deputación ten en marcha un Plan Integral de mellora da rede viaria provincial, a máis extensa de España ao superar os 4.200 quilómetros que transcorren polos 67 Concellos. As primeiras 21 obras desta programación están dotadas de 4,5 millóns de euros, financiados na súa totalidade polo organismo provincial, para o acondicionamento de vías de 17 Concellos das zonas Norte, Centro e Sur.

Son os municipios de Vilalba, A Pontenova, Lugo, Friol, Trabada, As Nogais, Xermade, A Pastoriza, Pantón, Ribas de Sil, A Pobra do Brollón, Pol, Lourenzá, Abadín, Becerreá, Monforte de Lemos e Baleira.

As obras que xa se están a executar son as seguintes:

– Becerreá: rehabilitación do firme LU-P-0707, de Armesto, por Tores, Ás Nogais. Estase a rematar a segunda fase destas actuacións de 500.000 euros. A primeira fase, xa finalizada, contou con outro medio millón de euros.
– A Pobra do Brollón: rehabilitación do firme da LU-P-4713, da Pobra do Brollón á LU-652, en Cereixa, entre os puntos quilométricos 0 e 2,080. Conta cun orzamento de 20.000 euros.
– Monforte de Lemos: rehabilitación do firme da LU-P-3202, de Monforte de Lemos a Currelos, entre os puntos quilométricos 0,100 e 2,207. Conta cun orzamento de 23.000 euros.
– Lugo: acondicionamento da estrada que transcorre dende a Ponte Romana á Igrexa de San Lázaro, no Club Fluvial, con 55.000 euros. Tamén executa as obras de mellora do firme do paseo do Río Rato con 35.000 euros.

As vindeiras obras que a continuación arrancarán, pois xa están en marcha os procesos de contratación, son as seguintes:

– Pantón: rehabilitación do firme da LU-P-4109, de Ferreira a Goián, entre os puntos quilométricos 0,000 e 2,090. Conta cun orzamento de 127.900.
– Vilalba/Xermade: rehabilitación do firme da LU-P-6513, de Vilalba a Camposo de Fozo de Penamaior e rampla a Xermade, entre os puntos 10,220 e 12,200. Conta cun orzamento de 140.245 euros.
– Lourenzá: rehabilitación do firme da LU-P-3006, de Santo Tomé, por San Adriano e Augasoxa, a Mazo, entre os puntos quilométricos 2,900 e 6,255. Conta cun orzamento de 268.425 euros.
– Baleira: rehabilitación do firme da LU-P-0403, dende a LU-530, por rego de Pereira, a Quintá, entre os puntos quilométricos 4,560 e 5,800. Contan cun orzamento de 76.345 euros.
– Abadín: ensanche e rehabilitación do firme da LU-P-0102, de Fontevella ao Carrizal, entre os puntos quilométricos 2,700 e 3,912. Conta cun orzamento de 372.088 euros.
– Friol: rehabilitación do firme da LU-P-2101, de Friol A Parga, entre os puntos quilométricos 5,940 e 9,300. Conta cun orzamento de 300.012 euros.

Mañá o Goberno da Deputación aprobará na Xunta de Goberno iniciar o proceso de contratación das seguintes obras para a súa vindeira execución:

– Lugo: rehabilitación do firme da LU-P-2904, de Conturiz a Páramo, entre os puntos quilométricos 0,000 e 2,900. Conta cun orzamento de 189.677 euros.
– Vilalba: rehabilitación do firme da LU-P-6502, de Vilalba por A Balsa a Chavín, entre os puntos quilométricos 14,670 ao 15,490. Conta cun orzamento de 72.069 euros.
– A Pontenova: rehabilitación do firme da LU-P-1904, de Fonsagrada a Pontenova, entre os puntos quilométricos 16,500 e 27,570. Conta cun orzamento de 295.725 euros.
– Trabada: rehabilitación do firme da LU-P-5204, de Cedofeita, por Arante e Vidal, a Regocorto, entre os puntos quilométricos 6,757 e 9,787. Conta cun orzamento de 197.441euros.
– Pol: rehabilitación do firme da LU-P-4603, de Torneiros, por Hermunde, a Pol, entre os puntos quilométricos 3,510 e 5,010. Conta cun orzamento de 86.470 euros.
– Ribas de Sil: rehabilitación do firme da LU-P-5303 de San Clodio, por Torbeo, ao limite provincial, entre os puntos quilométricos 1 e 2,485; 3,875 e 9,100; 12,700 e 16,150. Conta cun orzamento de 524.087.
– A Pastoriza: rehabilitación do firme da LU-P-3006, de Meira a Pastoriza, entre os puntos quilométricos 1,920 e 2,831. Tamén na LU-P-4404, de Riocabo, por Piñeiro e Aldurfe, ás Rodrigas, entre os puntos 0 e 9,825. Estas dúas actuacións contan cun orzamento de 588,465 euros.
– As Nogais: rehabilitación do firme da LU-P-3702, das Nogais, por Nullán, a Lamas, entre os puntos quilométricos 0,195 e 2,200. Conta cun orzamento de 146.530 euros.

O proxecto que xa está finalizado para, previsiblemente, aprobalo na Xunta de Goberno do 30 de setembro, é o seguinte:

– Xermade: acondicionamento da LU-P-2204, de Momán ás Pontes a Porto Souto, entres os puntos quilométricos 2 e 4. Contan cun orzamento de 414.515 euros.

Parque Móbil
Ademais destas actuacións, o Goberno da Deputación decidiu empregar todos os medios do Parque Móbil para a execución deste Plan Integral de mellora da rede viaria provincia. Os 34 técnicos provinciais dos 3 equipos de rego e 2 limpeza actúan esta semana en vías da institución nos Concellos de Lugo, Baleira, Cospeito e Guitiriz. Este dispositivo traballará na totalidade da rede viaria provincial, estando, polo tanto, en todos os municipios lugueses.

Exit mobile version