Site icon Crónica3.com A Mariña

A I Heroican Race de Ribadeo percorrerá este sábado, día 3, varias das rúas céntricas da vila partindo dende a casa do Concello ata a illa Pancha. por este motivo vanse producir restricións no tráfico durante toda a xornada

Ribadeo, 2 de setembro de 2016. A I Heroican Race que se celebrará en Ribadeo este sábado, día 3, percorrerá varias das rúas do centro da vila cun itinerario que comezará na Casa do Concello e chegará ata a Illa Pancha.

O concelleiro de Deportes, David Rivas, sinalou que “este sábado, 3 de setembro, vai ter lugar a I Heroican Race. Unha carreira de obstáculos organizada por Be One coa colaboración do Concello de Ribadeo na que tomarán parte arredor de 900 participantes de toda a xeografía peninsular”.
O edil nacionalista subliñou que “unha parte desta carreira vai discorrer polo casco histórico, o que implicará a restrición do acceso a vehículos durante varias horas ao longo do día. Os cortes das rúas están xa sinalizados debidamente e a veciñanza está informada”.

O responsable de Deportes dixo: “sabemos que estas cousas sempre poden causar molestias, pero pensamos que é un evento moi importante para Ribadeo tanto pola espectacularidade do mesmo como polo impulso que lle poden dar á vila esas case mil persoas máis os acompañantes que traian”.
David Rivas quere “animar a toda a xente a que se achegue a algún dos puntos da carreira para ver este espectáculo que se ben aínda non é unha modalidade deportiva moi coñecida aquí, si está medrando en todo o mundo a pasos axigantados”.

Exit mobile version