Site icon Crónica3.com A Mariña

A OMIX do Valadouro organiza un obradoiro de radio xuvenil do 19 de setembro ao 15 de outubro

A OMIX do Concello de Valadouro organiza un Obradoiro de Radio Xuvenil para participantes de 12 a 30 anos e para celebrar nas datas de 19 de setembro ao 15 de outubro de 2016.

Desenvolveranse clases teóricas e prácticas nas Instalacións da emisora municipal de Radio Valadouro para adquirir as habilidades e coñecementos para locutar, guionizar e producir un magazine de radio nas distintas facetas que compoñen a radiofonía.

As prazas son limitadas, máis información no teléfono 982 571 516 e no e-mail omixvaladouro@hotmail.com.

Exit mobile version