Site icon Crónica3.com A Mariña

A Piscina Municipal de Viveiro inicia a nova temporada 16/17

O vindeiro luns 3 de outubro comeza a nova tempada 2016/2017 na Piscina Municipal de Viveiro, con varias novidades. Unha delas será o novo formato de cursos de natación infantil (4 e 5 anos) e de natación nenos (a partir de 6 anos) que pasarán a ser trimestrais, polo que cada trimestre haberá probas de paso de nivel para os cursillistas que cursen neste primeiro trimestre e abrese así a posibilidade para nenos e nenas novos que se queiran incorporarse en xaneiro e en abril.

En total serán 20 cursos os ofertados para cubrir a gran demanda que houbo , sendo necesario ofertar 6 cursos novos para cubrir a demanda e eliminar as listas de espera.

Outra das novidades foi a creación da Escola Municipal de Natación , que botará a andar con 2 grupos de nenos/as de Ed. Primaria e 1 grupo para rapaces/as de ESO .

O número de cursillistas nenos/as que comezarán as súas activiadades na Piscina rondará os 250, distribuidos en 9 cursos de Natación Infaltil, 11 de Natación Nenos e 3 grupos de adestramento na Escola Municipal de Natación.

Para os adultos tamén empezarán 2 grupos de Iniciación Adultos, 3 Grupos de Natación Medio, e 2 grupos de Perfeccionamento, con cursos pola mañá e cursos pola tarde, outra actividade salientable e con gran acollida será Natación Saudable.

En canto ás actividades de sala, queremos destacar a volta das actividades de XIMNASIA DE MANTEMENTO e PILATES BASE, con grupos de mañá e tarde e os xa consolidados grupos de SPINNING, INTERVAL, MIX CLASS..

“É importante recordar que desde que o Concello de Viveiro se fixo coa xestión directa para facerse socio non se paga matrícula”, indica o director, Pedro Esmorís.

Outra novidade, que xa leva en marcha desde o mes de xullo é o horario da instalación, moi demandado polos usuarios, con apertura desde as 8:00 h de xeito inninterrumpido ata as 22.15 horas, de luns a venres. Os sábados de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas, e os domingos de 10.00 a 14.00 horas.

Exit mobile version